Presentación en Compostela o sábado 7 de maio


LARLILÁS. PARA CONSTRUÍRMOS O FUTURO

 LarLilás, un proxecto de cohousing senior participativo para outra vellez.

LarLilás é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é desenvolver un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que poda garantir un final de vida en condicións de dignidade.

Concibimos LarLilás como unha alternativa aos modelos actuais de residencias e vida en soidade non desexada. Un espazo de autoxestión que incorpora a liña de cohousing mais que se amplía coa atención e coidado en casos de dependencia e enfermidade.

Se che interesa saber máis sobre o proxecto agardámoste na Casa Xohana Torres o 7 de maio ás 19.00. Inscrición no correo Casxt@santiagodecompostela.gal

Podes contactar con nós en olarlilas@gmail.com

 

 Neste enlace tedes a localización da Casa.

                         Presentación de LarLilás nas pasadas xornadas organizadas por Cohousing Ártabra en Santa Cruz.


Presentación de LarLilás

Presentamos o noso proxecto en Oleiros nas 'Xornadas de vivenda colaborativa (cohousing)' o vindeiro sábado 23 de abril na Mesa Redonda: Experiencias galegas embrionarias ou en desenvolvemento. Comezaremos ás 16:30 no Castelo de Santa Cruz.

Tedes información do evento neste enlace.

Uns días despois, o sábado 7 de maio farémolo en Compostela, na Casa Xohana Torres. En breve no blog, a convocatoria.

 

                                                                                            (alegriphotos.com)