Marcha nórdica para nos coñecer


Durante a mañá do sábado 18 de xuño xuntámonos dezaseis persoas para realizar unha marcha nórdica desde o castelo de Fontán e o núcleo máis antigo de Sada até a praia de Veigue. Foi unha iniciativa para nos coñecer un pouco máis quen estamos interesadas no proxecto de vivendas colaborativas LarLilás. Aprendemos as beneficiosas aportacións deste exercicio finlandés nunha camiñada de pouco máis de cinco quilómetros.

 

E despois sentámonos, nese momento xa eramos dezanove, nunha mesa con empanadas, queixos, tortillas varias, hummus, friames... Apresentámonos e falamos, rimos e comemos, expuxemos as nosas inquedanzas respecto deste proxecto e comezamos a nos organizar en comisións. 

Iniciamos así unha andaina sumando soños en común e a iniciamos con entusiasmo, con moitas ganas de seguir traballando e de seguir incorporando persoas que queren tamén unha vellez activa e autoxestionada.

Porén faltaron algunhas persoas interesadas neste proxecto que non puideron participar nesta primeira actividade, mais agardamos xuntarnos todas/os/es na vindeira.

Presentación do proxecto de vivenda colaborativa sénior LarLilás en A Coruña, 15 de xuño

 
 
Despois da presentación de LarLilás en A Coruña, na AC Alexandre Bóveda o pasado 9 de xuño (imaxe) e dada a concorrencia de persoas interesadas que non puido acceder ao local, realizarase unha nova presentación do proxecto de vivenda colaborativa sénior LarLilás a cuarta feria, 15 de xuño, na Facultade de Informática da UDC ás 18h. na Aula 3.1. Agardámosvos!
 
Indicamos a localización da facultade do Campus de Elviña aquí.

Coordenadas GPS: 43° 19' 58.044'' N 8° 24' 38.844'' W

Autobuses urbanos que van ao campus: línea 20, línea 22, línea 24 y línea UDC.