Comezamos o 2023!!


En LarLilás comeza un ano que vai ser definitivo na súa consolidación, tanto na ampliación da nosa comunidade como na escolla do terreo. Así pois, agardamos que sexa un feliz ano 2023 para todas as persoas que estamos implicadas neste proxecto. Que por certo cada vez somos máis. Comezamos o ano coa alegría de comprobar que moitas das persoas inscritas como interesadas se comprometen facendo os ingresos correspondentes, de tal xeito que chegaremos a ser 56 persoas asociadas, un considerable paso adiante na materialización de LarLilás que duplica o tamaño e afirma a ilusión xerada ao seu redor.

E con esa ilusión seguiremos neste 2023 facendo presentacións e encontros para divulgar o proxecto. Coma onte que presentamos LarLilás nunha radio de A Coruña, Radio Senior. Deixamos aquí o enlace coa entrevista que nos fixeron as compañeiras de Radio Senior.


 

Ademais, como sabedes, o vindeiro día 28 deste mes temos outra actividade: xuntarémonos nunha asemblea despois de camiñar algún dos terreos que temos localizado e despois de xantar.

Tamén estamos organizando quedadas en Compostela para coñecermonos un pouco máis a xente da contorna (en breve vos indicaremos lugar e hora), como levan facendo xa en A Coruña desde hai varias semanas. Alí xúntanse os mércores ás 19 h. en O'Delito (Rúa de Tabares, 1. Na praza do Papagaio, subindo por Panaderas).