Novas xuntanzas informativas

 


Comezamos o último trimestre do ano 2022 coa ilusión de abrir un período crucial na andaina de LarLilás. Celebramos que as presentacións do proxecto que fixemos en xuño e xullo espertaran tanto interese e, dada a acollida que está tendo LarLilás, pensamos que é tempo xa de dar novos pasos.  

Para avanzar no proxecto imos organizar dous tipos de convocatorias: xuntanzas informativas e novas presentacións públicas.


1) "Xuntanzas Informativas" nas que se falará sobre os nosos planes e próximos pasos a dar para que as persoas interesadas poidan converterse en integrantes efectivas da asociación, e quen o desexe participe en grupos de traballo para o avance do proxecto.

Xa dispoñemos de datas:

- Xuntanza Informativa de Compostela: 20 de setembro, martes, ás 19.00 na Casa Xohana Torres (rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, s/n - 15702 - Santiago de Compostela).

Aquí o mapa.

- Xuntanza Informativa da Coruña: 21 de setembro, mércores, ás 18.00 na aula 2.0 da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, xusto detrás de Carrefour).

Aquí o mapa.

2) Novas "Presentacións Públicas" de LarLilás para seguir a divulgar o noso proxecto e facilitar que máis persoas coñezan a iniciativa e participen.

Podes convidar a quen consideres a calquera destas xuntanzas, mais as máis axeitadas para quen aínda non nos coñeza serán as presentacións públicas.


Con estas e outras iniciativas temos como obxectivo que cando remate este ano 2022 a Asociación incorpore xa como integrantes de pleno dereito a todas as persoas interesadas no proxecto LarLilás.


Agardamos verte o vindeiro martes ou mércores na xuntanza de Compostela ou da Coruña.