Palestra sobre vivendas colaborativas en Compostela, 10 de xuño

 

         Hora de xantar de membras de LarLilás nas xornadas de vivendas colaborativas organizadas por Cohousing Ártabra.

O venres 10 de xuño ás 20:00 LarLilás presenta o seu proxecto de cohousing senior xunto con dúas iniciativas da contorna compostelá na Xornada sobre cohousing que organiza a asociación cultural e gastronómica A Troita Armada.

 Os tres proxectos preséntanse nunha xornada en que se informará das características das vivendas colaborativas, os distintos modelos que conviven e o marco lexislativo galego. No mesmo acto explicaránse os obxectivos, características e singularidade dos tres proxectos en marcha: Alvariza , Somos Amizar e LarLilás.


 

LarLilás preséntase en A Coruña o 9 de xuño.

 

 

Despois de presentar o noso proxecto na Casa das Mulleres Xohana Torres en Compostela (a fotografía amosa un momento da exposición), estamos convidadas a presentar o noso proxecto na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o vindeiro xoves 9 de xuño en A Coruña. Será ás 19:30 no seu local na r/ Olmos 16-18.  

Que é un cohousing? Están as vivendas colaborativas abrindo novos horizontes para a vida en comunidade? Como poden incidir estas alternativas no actual modelo de residencias? Cal é a función das administracións no novo tecido que está a xerar unha cidadanía organizada?

LarLilás é un dos proxectos en marcha para construír outro futuro. 

Abordaremos estas e outras cuestións de interese sobre este tema e sobre o noso proxecto. Agardámosvos alí!!